Un dos obxectivos que temos en Mus.Co é a creación dun fondo fotográfico dixital sobre Combarro. Queremos recoller os testemuños visuais do noso pasado e gardalos nun lugar ao que todos poidamos acceder para gozar e aprender da nosa cultura e identidade.
Ademais, a quen non lle gusta ver os seus devanceiros con vinte anos?
Se tes imaxes de Combarro e che interesa esta iniciativa, acude ao Fogar da Armadiña (Baixada á Chousa, 11) entre o 26 e 31 de xullo coas fotos antigas que teñas na casa para que poidamos dixitalizalas.
Unídevos! 🤗
