Unha das principais finalidades do Museo de Combarro é o de por en valor o Patrimonio Cultural e Natural da vila e da súa contorna. Un obxectivo a cumplir e achegar coñecementos sobre os principais xacementos culturais, cos que convivimos tanto nos coma os nosos devanceiros, a xuventude. Porén o pasado mes de abril levamos a cabo esta inciativa co alumnado do Ciclo Formativo de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre do IES de Poio.
¿Qué se visitou durante este roteiro?
- A Cuna da Moura: Formación xeolóxica natural mediante proceso erosivo con un alto valor patrimonial no imaxinario popular do pobo de Combarro. Esta formación rochosa vincúlase a figura mitolóxica da Moura.
- Estación rupestre do Xuviño: Representacións de arte rupestre moi achegada ao núcleo poboacional do Xuviño (apenas a 250 metros). Nestas rochas están grabados círculos concéntricos, cérvidos e cazoletas.
- Capela da Renda: Capela construída en 1712 para rendir culto a Nosa Señora de Gracia, foi reconstruída en 1985 tras afundirse o teito por unha tempestade. Tamén ten relevancia o Cruceiro da Capela da Renda.
- Castro da Cividá: Castro sen intervir que se atopa a escasos metros da Capela da Renda. Está moi transformado pola labor agrícola e polo establecemento dunha canteira nunha das súas caras. Os restos cerámicos que se ven en superficie evidencian á época romana.
Estos enclaves contan cunha gran relevancia na identidade e na cultura da nosa vila, pero aínda quedaron moitos lugares por descubrir: os lavadoiros, os muiños da Sela e do Pereiro, as diversas palleiras, as estacións rupestres que están diseminadas polo monte…
Dende Mus.Co esperamos con moitas ganas volver a traballar coa xuventude a e as crianzas para dar a coñecer a riqueza cultural e natural do noso entorno.

Se queres facer o Roteiro pola túa conta, aquí tes unhas indicacións que che poden axudar: