Saltar ao contido

Coloquio Asociacionismo

Mediante esta actividade a Comisión do Museo, integrada na Asociación Armadiña, explicou aos estudantes de primeiro de bacharelato do IES de Poio cales son os cauces polos que se desenrola un proxecto. A finalidade deste coloquio era achegar a xuventude o tecido asociativo e todas as posibilidades que este representa.

Os integrantes da Comisión de Mus.Co deron conta de cómo se formou esta campaña promuseo, cómo se diseñou o proxecto da Semana do Museo e cales son as demáis actividades e cursos que se levan a cabo dende a Asociación Armadiña.

Trala presentación, os estudantes comentaron algúns posibles proxectos futuros. A intención final era que os mozos e mozas comprendesen que todos, mediante vontade, podemos levar adiante un proxecto.